Ostra Plana de talla comercial

Ostra Plana de talla comercial

11105/11/2008
Prezo: 9,90 €/kgDisponibilidad: Disponibilidade de 7 a 10 días laborais dende data de pedido

Descrición

Individuos adultos de ostra plana (Ostrea edulis) de excelente calidade procedentes dun núcleo de reprodutores obxecto dun programa de selección deseñado para obter altas taxas de crecemento e resistencia ás enfermidades. Producidos en sistema de cultivo semiintensivo en augas atlánticas tipificadas como zona A, libres de Bonamia spp., Marteilia spp. e Perkinsus spp. Purificados en auga estéril microfiltrada baixo autorización sanitaria da Unión Europea.

A pesar de se tratar dun produto refrixerado (4-5 ºC) procedente de zona A, libre das principais enfermidades, como todo molusco para consumo é recomendable a súa depuración mediante cloración ou ozonización (24-48 h, T óptima 12-14 ºC).

Características

Tempo transcorrido desde a extracción ata a entrega < 36 h. Número de pezas por kg: 8 a 12. Peso vivo medio individual: 80-100 g.

Presentación: Bolsas de malla en polipropileno alimentario de 20 kg.

Observacións

Para maior información contacte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.