Provisión de servizos especializados de laboratorio para depuradoras, cetáreas, cocedoiros, plantas de elaborados, conxelados de peixe, mariscos, pescadarías e distribuídores de produtos da acuicultura, o marisqueo e a pesca.
Servizo destinado á implantación do sistema APPCC (Análises de Perigos e Puntos de Control Críticos) nas industrias do sector. Sistema que permite identificar perigos específicos e medidas para o seu control co fin de asegurar a máxima calidade alimentaria nos sistemas de produción. Trátase dunha ferramenta preventiva e de control permanente da produción e dos produtos.
Asesoramento técnico en todas as etapas de implantación do sistema APPCC na empresa. Entrega do manual exclusivo para a súa empresa coa documentación necesaria para o mantemento do sistema.
