Sistema POA de Tratamento de Auga

Sistema POA de Tratamento de Auga

901Oferta Nº 185517/02/2025

Descrición

Sistema de esterilización da auga que garante a eliminación de parasitos, bacterias, fungos e virus, capaz de procesar grandes volumes de auga do mar ou doce a un custo moderado.

 

Con base nas tecnoloxías de procesos oxidativos avanzados (POA), este novo método de tratamento resulta na eliminación de ata o 99,9% da carga de norovirus en bivalvos, ademais de coliformes, salmonela, vibrio e outros patóxenos que afectan a peixes, moluscos e crustáceos de importancia comercial. A diferenza doutros métodos, tales como a adición de hipoclorito, a irradiación ultravioleta ou a ozonización, este sistema non resulta na xeración de substancias tóxicas, sendo eficaz mesmo baixo condicións de elevada contaminación ou con augas moi turbias.

 

Equipos automáticos e programables de baixo consumo, robustos, compactos, silenciosos, sen consumibles, permiten o seguimento constante de parámetros críticos de calidade da auga, tales como temperatura, salinidade, pH, potencial redox etc., así como programación de alarmas, avisos a móbil, rexistro de datos, acceso por internet etc.

Características

- Sistema de filtración, medios de filtración, unidade de electrodesinfección da auga e sistema de monitorización. Bombas, panel eléctrico de control e maniobra,  programador e display dixital.

 

-Material de Fontanería e electricidade (tubos, válvulas, conexións, cóbados, cableado, sondas, etc.). Instalación autoportante, transporte a destino; montaxe, instalación e axuste final, inclusive adestramento do operador.

 

-Análise pre- e post-instalación por Laboratorio autorizado, incluíndo parámetros físico-químicos e microbiolóxicos de calidade da auga. Seguimento e posvenda persoalizado con informes específicos emitidos por técnicos competentes.

Observacións

Para recibir mais información, concertar unha visita ás súas instalacions ou solicitar un presupuesto específico, consulte coa nosa Oficina Comercial en ventas@acuinuga.com.