Sistema de incubación vertical en módulos de 4, 8 ou 16 bandexas con entrada independente de auga que garanten un óptimo desenvolvemento embrionario. Permite a incubación de grandes cantidades de ovos en espazo reducido e cun mínimo esforzo. Inclúe reixas para os ovos que montan sobre as bandexas e facilitan a súa extracción e limpeza. Construído con materiais inertes e robustos que garanten a salubridade dos ovos e unha prolongada vida útil do sistema. Baseado no principio de fluxo de auga vertical que permite o descenso dos alevíns en estado de saco vitelino cara ao fondo da bandexa e minimizan os danos por abrasión e rozamento no proceso de incubación.

Características
Materiais: aluminio, aceiro inoxidable, polipropileno con protección UV; poliéster revestido en PVC. Requirimento de auga: desde 2 L/min, segundo configuración. Capacidade de incubación e dimensións (longo, ancho e alto):
- Módulo 4: 50.000 ovos (60 x 64 x 44 cm); precio orientativo 2.035 €
- Módulo 8: 100.000 ovos (60 x 64 x 83 cm); precio orientativo 2.995 €
- Módulo 16: 200.000 ovos (60 x 64 x 166 cm); precio orientativo 4.745 €
Observacións
Tamén dispoñibles cubertas protectoras (transparentes ou negras) para módulo de 4 ou 8 bandexas. Para máis información consulte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.