Servizos Especializados de Laboratorio

Servizos Especializados de Laboratorio

124/04/2026
Prezo: A Consultar

Descrición

Provisión de servizos de Laboratorio especializados para instalacións acuícolas, cetáreas, cocedoiros, prantas de elaborados, de conxelados, moluscos, crustáceos e cefalópodos etc., así como empresas, asociacións, institucións ou particulares. Servizo destinado ó seguimento dos sistemas de tratamento e desinfección da auga doce ou salgada, a calidade sanitaria dos animais, materias primas e produto final. Inclúe a realización de visitas periódicas por técnicos cualificados, toma de mostras e análise de parámetros físico-químicos e microbiolóxicos da auga de cultivo, da empregada nos distintos procesos de produción así como das augas de verquido. Asesoramento técnico sobre sistemas de desinfección, manexo, deseño de procesos, tratamento e xestión de residuos, con indicación das solucións máis apropiadas en cada caso.

Características

Análise físico-químico da auga: Temperatura, Osíxeno Disolto, Salinidade, pH, Condutividade, Cloro total, Cloro libre, Amonio total, Fosfatos, Cobre, Nitritos e Nitratos, etc.

Análise bacteriolóxico da auga: Coliformes totais, Coliformes fecais, Escherichia coli, Salmonella spp., Listeria monocytoxenes, etc.

Análise bacteriolóxico de Moluscos en vianda, Crustáceos, Cefalópodos e produtos derivados: Aerobios mesófilos, Coliformes totais, Escherichia coli, Salmonella spp., Determinación e investigación de Listeria monocytogenes, Recuento de Listeria monocytogenes, Reconto de enterobacterias, Reconto de Staphylococcus aureus e Clostridium sulfito reductores, etc.

Análise bacteriolóxico en produtos conxelados ou tratados térmicamente: Coliformes totais, Escherichia coli, Salmonella spp., Determinación e investigación de L. monocytogenes, Reconto de Listeria monocytogenes, Reconto de enterobacterias, Aerobios mesófilos e Staphylococcus aureus, etc.

Análise bacteriolóxico de produtos frescos: Aerobios mesófilos, Reconto de enterobacterias, Investigación de Salmonella e Shigella, Investigación e reconto de Staphylococcus aureus, etc.

Análise de produto final: Características Organolépticas (color, olor, sabor, textura), Investigación de patóxenos, mellora de rendemento, pigmentación, extensión de vida de produto, etc.

Observacións

Laboratorio acreditado pola Consellería de Sanidade, Xunta de Galicia ref. SA680A 2002/19-0. Certificación ISO 9001:2015 Nº CA-1.092.

Periodicidade dos análises: mensual. Ensaios analíticos realizados mediante métodos normalizados (normas ISO, Standard Methods, AOAC, AFNOR, etc.).

Para maior información, realización de outros análises específicos e obtención de presupostos personalizado consulte co noso Laboratorio en laboratorio@acuinuga.com