Semente de Ostra Rizada

Semente de Ostra Rizada

11323/09/2014
Prezo: 19,75 €/millarDisponibilidad: Disponibilidade de 7 a 10 días laborais dende data de pedido

Descrición

Semente de ostra rizada procedente de criadeiro (hatchery) en réxime de Acuicultura baixo estrito control sanitario. Exemplares obxecto dun programa de selección para a obtención de altas taxas de crecemento, tolerancia a variacións bruscas da salinidade, robustez no manexo e resistencia ás enfermidades. Provistas de certificado oficial veterinario da Unión Europea como libres das principais enfermidades, incluíndo Bonamia spp., Marteilia spp. e Perkinsus spp.

Características

Individuos minuciosamente seleccionados de 8 a 10 mm de lonxitude de eixe maior. Peso medio individual= 200 mg. Aproximadamente 3.700 unidades por kg. Presentación: lotes de 20 Kg en sacos de malla en polipropileno agroalimentario sobre caixas de poliestireno.

Observacións

Pedido mínimo: 100.000 unidades. A División de Acuicultura de Acuinuga ofrece supervisión técnica durante as fases de estabulación, semente e aclimatación dos animais na súa explotación. Para maior información contacte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com