Semente de Ameixa Fina

Semente de Ameixa Fina

11405/11/2008
Prezo: 23,45 €/millarDisponibilidad: Disponibilidade de 5 a 7 días laborais dende a data de pedido

Descrición

Semente de ameixa fina procedente de criadeiro (hatchery) en réxime de Acuicultura baixo estrito control sanitario. Exemplares obxecto dun programa de selección para a obtención de altas taxas de crecemento, tolerancia a variacións bruscas da salinidade, robustez no manexo e resistencia a enfermidades. Provistas de certificado oficial veterinario da Unión Europea como libres das principais enfermidades, incluíndo Perkinsus spp.

Características

Individuos minuciosamente seleccionados de 10 a 12 mm de lonxitude de eixe maior. Peso medio individual= 225 mg. Aproximadamente 4.000 unidades por kg. Presentación: lotes de 20 Kg en sacos de malla en polipropileno agroalimentario sobre caixas de poliestireno.

Observacións

Pedido mínimo: 100.000 unidades. A División de Acuicultura de Acuinuga ofrece supervisión técnica durante as fases de estabulación, semente e aclimatación dos animais na súa explotación. Para maior información contacte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.