Medidor de nitratos portátil con pantalla dixital. Deseñado especificamente para a súa utilización en auga de mar. Especialmente indicado para o seu emprego en depuradoras de moluscos, esteiros, cetáreas, piscifactorías e demais centros de cultivos acuícolas. Resolución de 1 ppm e elevada precisión de medida ao dispoñer de dúas escalas independentes, unha para valores de 1 a 10 ppm e outra para valores de 10 a 100 ppm. O equipo selecciona de forma automática unha ou outra escala en función da concentración de nitrato presente. Subminístrase con sonda, cable de sonda, solucións de protección e de calibración e batería de 9 V.

Características
Emprégase para a análise de contaminación orgánica da auga. Funcionamento de sistemas de filtración, optimización de filtros biolóxicos, optimización de técnica alimentaria, monitorización de crecemento de algas, etc. Os valores superiores a 50 ppm son tóxicos para a maioría dos organismos acuáticos. Son valores aceptables os comprendidos entre 0 e 10 ppm.
Observacións
Os equipos subminístranse calibrados e con garantía de 24 meses contra calquera defecto de fabricación. Para máis información consulte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.