Mangueira Microperforada

Mangueira Microperforada

91817/06/2026
Prezo: A consultar

Descrición

Mangueira microperforada para a transferencia eficiente de gases (aire, osíxeno, nitróxeno etc.) en auga, tanto doce como salgada. Deseñada para a xeración de finas microburbullas, sen necesidade dunha fonte de enerxía externa. Construída de forma que no momento no que se suministra o gas, os microporos da mangueira ábrense, producindo burbullas finas. Cando se pecha a distribución do gas, diminuíndo a presión interna, os microporos péchanse para previr a entrada de auga e partículas de lixo, asegurando unha óptima utilización do gas e o correcto mantemento da mangueira..

Características

Fabricada con polímeros flexibles, cuberta polimérica autocontráctil que non conten EPDM, resistentes a produtos químicos agresivos. Incorpora un revestimento textil especial que mellora a súa hidroestabilidade mecánica. Diámetro externo= 12,7 mm. Diámetro interno= 6,35 mm .Rango operativo de presión: (1 a 4 bar). Presión máxima 5 bar. Presión de traballo recomendada= 1,5 bar. Microporos: 6000 por metro lineal. Rango de tamaño de burbulla: 90 a 250 µm. Tamaño promedio de burbulla: 100 µm. Peso 0,12 kg/m.Caudal de traballo: 6 lpm ó 0,36 m3/h. O ratio de transferencia gas/auga depende principalmente da profundidade, fluxo de osíxeno e composición da auga. Os microporos non se obstruen, mesmo despois de largos períodos de inactividade. Adaptable a cada sistema de contención e facilidade de instalar, permite a regulación de aire/osíxeno/outros gases en auga de maneira simple e eficiente.

Observacións

Prazo de entrega: 10 – 15 días laborables dende a data do pedido. Para máis información consulte coa nosa Oficina Comercial en ventas@acuinuga.com.