Provisión de servizos de laboratorio especializados para centros de depuración de moluscos. Servizo destinado ao seguemento da calidade sanitaria de animais e auga de depuración. Realización de analíticas microbiolóxicas, de contido en toxinas en moluscos procedentes de cultivo e depurados e análises físico-químicas e bacteriolóxicas da auga. Asesoramento técnico sobre manexo, sistemas de depuración e esterilización da auga, control de enfermidades e redución de mermas con indicación das medidas correctivas máis apropiadas en cada caso.

Características
Análise bacteriolóxica en moluscos: inclúe os parámetros: (1) Aerobios revivificables, (2) Coliformes fecais (NMP), (3) Escherichia coli (NMP), (4) Salmonella spp., (5) Vibrio parahaemolyticus e (6) Escherichia coli (ETPC).
Análise de biotoxinas: inclúe os parámetros: (1) Toxina amnésica (ASP), (2) Toxina diarreica (DSP) e (3) Toxina paralizante (PSP).
Análise físico-química da auga: inclúe os parámetros: (1) Temperatura, (2) Osíxeno disolto, (3) Salinidade, (4) pH, (5) Condutividade, (6) Cloro libre, (7) Cloro total, (8) Amonio total, (9) Nitritos, (10) Nitratos, (11) Fosfatos e (12) Cobre.
Análise bacteriolóxica da auga: inclúe os parámetros: (1) Coliformes totais e (2) Coliformes fecais.
Observacións
Laboratorio acreditado pola Consellería de Sanidade, Xunta de Galicia, ref. SA680A 2002/19-0. Certificación ISO 9001:2008 N.º CA-1.061.
Periodicidade das análises: mensual. Ensaios analíticos realizados mediante métodos normalizados (normas ISO, Standard Methods, AOAC, AFNOR, etc.).
Para maior información, realización doutras análises específicas e obtención dunha oferta detallada consulte co noso laboratorio en laboratorio@acuinuga.com.