Xuvenis domésticos de dourada

Xuvenis domésticos de dourada

10304/11/2008
Prezo: A ConvirDisponibilidad: 5 a 7 días laborais dende data de pedido

Descrición

Xuvenis de dourada (Sparus aurata) procedentes de núcleo de reproductores domésticos mantidos baixo programa de selección plurianual. Exemplares seleccionados en lotes homoxéneos de 5 g de peso promedio, cun coeficiente de variación (CV) inferior ao 20%. O número de individuos deformes non supera o 2%.

Características

Exemplares obxecto dun programa de selección deseñado para conseguir altas taxas de crecemento, óptima conversión alimentaria, resistencia a enfermidades e boa conformación do canal. Peixes vacinados contra Vibrio spp. e Pasteurella spp. Animais totalmente destetados a dietas secas extrusionadas.

Observacións

Forma de pagamento: A convir. Subminístranse un 1% máis dos animais especificados no pedido para cubrir posibles baixas durante o manexo e transporte ao destino. A División de Acuicultura de Acuinuga ofrece o seu servizo de supervisión técnica durante as fases de estabulación e aclimatación dos animais. Para maior información contacte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.