Ovos de Troita Fario

Ovos de Troita Fario

10505/11/2008
Prezo: Consultar precioDisponibilidad: 5 a 7 días laborais dende data de pedido

Descrición

Ovos embrionados de troita fario (Salmo trutta var. Fario) procedentes dun núcleo de reprodutores europeo. Minuciosamente seleccionados para manter un recurso xenético robusto e acompañados de certificación oficial veterinaria da Unión Europea garantindo a ausencia de enfermidades infecciosas, víricas ou bacterianas.

Características

Ovos que proveñen de reprodutores pertencentes a un programa de selección deseñado co obxectivo de obter boas taxas de adaptación ao medio, correcta pigmentación/morfoloxía e resistencia a enfermidades. Porcentaxe de eclosión ≥ 90 %. Porcentaxe de deformidades ≤ 1 %.

Observacións

Forma de pagamento: A convir. Pedido mínimo: 100.000 ovos. A División de Acuicultura de Acuinuga ofrece supervisión técnica durante as fases de desinfección, inmersión, incubación, eclosión, primeira inxesta e alevinaxe, así como estratexias de repoboación. Para maior información contacte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.