Ovos de Troita Arcoiris

Ovos de Troita Arcoiris

10403/11/2011
Prezo: Desde 19,05 €/1000 udDisponibilidad: 5 a 7 días laborais dende data de pedido

Descrición

Ovos embrionados de troita arcoiris (Oncorhynchus mykiss), todo-femias, procedentes dun núcleo de reprodutores domésticos. Testados e cualificados mediante certificación oficial veterinaria da Unión Europea como libres das principais enfermidades infecciosas, víricas ou bacterianas. Núcleo de reprodutores vacinados contra a enfermidade da "Boca Vermella" (Yersinia spp.), necrose pancreática infecciosa (IPN), septicemia hemorráxica viral (VHS) e necrose hematopoética infecciosa (IHN).

Características

Ovos provenientes de reprodutores obxecto dun programa de selección deseñado para obter altas taxas de crecemento, óptimos factores de condición e resistencia a enfermidades. Porcentaxe de eclosión ≥90%. Porcentaxe de deformidades ≤1%. Prezos orientativos* por 1000 ovos Primavera..................19,05 € Verán........................20,05 € Outono......................20,90 € Inverno......................19,85 €

*os prezos non inclúen IVE nin transporte ao destino

Observacións

Forma de pagamento: A convir. Prazo de entrega: 5 a 7 días laborables desde a data de pedido. Pedido mínimo: 100.000 ovos. A División de Acuicultura de Acuinuga ofrece o seu servizo de supervisión técnica durante as fases de inmersión, incubación, eclosión, primeira inxesta e alevinaxe. Para máis información e descontos en pedidos superiores aos 300.000 ovos consulte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.