Ovos de Artemia salina de excelente calidade provenientes dos lagos de Siberia, Rusia. Ambientes altamente produtivos e libres de contaminantes. A reducida talla do nauplio eclosionado (instar 1), así como o seu elevado contido en Ω3 e Ω6 e o seu bo perfil de aminoácidos esenciais, convértena nun alimento ideal para larvas de peixes e crustáceos de auga doce e salgada. A alimentación de nauplios e as fases posteriores de desenvolvemento de Artemia con microalgas concentradas (fichas técnicas nº 472-476) aseguran unha completa nutrición e garanten un óptimo crecemento e vitalidade do cultivo

Características
Nº de nauplios: 216.000/g Nº de ovos: 240.000/g Tasa de eclosión: 90% Talla do nauplio (instar 1): 350 - 450 μm Tamaño do ovo: 180 - 200 μm
Presentación: Bolsas de 550 g en atmosfera modificada.
Compra mínima: caixa con 8 bolsas de 550 g.
Observacións
Condicións óptimas de incubación: salinidade: 20 ppm. pH: 8,5. Temperatura: 28 ºC. Intensidade lumínica: 1.500 lux. Aireado constante. Tempo de incubación: 24 horas.
Para pedidos superiores a 10 kg consulte coa nosa oficina comecial en ventas@acuinuga.com.