Fornos de Afumado

Fornos de Afumado

62007/04/2010
Prezo: Precio dende 30.051 €

Descrición

Fornos deseñados para o afumado de produtos de acuicultura mediante a utilización de concentrados naturais de fume líquido, sen emisión de gases e de baixo consumo. Construídos en aceiro inoxidable, incorporan un microprocesador para a programación e control automático do proceso de afumado, garantindo un fácil manexo e a total uniformidade dos lotes. A súa grande versatilidade permite o afumado de varias especies como troita, salmón, xarda, anguías, lampreas, esturión, peixes planos, etc.; tanto o produto enteiro/eviscerado como en filete, así como afumado simple ou condimentado (salpimentados, encebolados e con outros condimentos). Compactos, de mantemento mínimo e grande robustez.

Características

Modelo básico: forno dun carro de 83x70x136 cm (exclúe carro). Capacidade de carga do forno 1000 L. Capacidade de carga do carro 45-150 kg segundo calibre e medidas do produto.

Modelo intermedio: forno dun carro de 93x80x150 cm (exclúe carro). Capacidade de carga do forno 1700 L. Capacidade de carga do carro 60-220 Kg segundo calibre e medidas do produto.

Modelo avanzado: forno dun carro de 93x84x169 cm (exclúe carro). Capacidade de carga do carro 80-300 kg segundo calibre e medidas do produto.

Modelo profesional: forno dun carro de 103x100x190 cm (exclúe carro). Capacidade de carga do forno 3000 L. Capacidade de carga do carro 110-400 kg segundo calibre e medidas do produto.

Modelo profesional con fluxo horizontal reversible: forno dun carro de 103x100x190 cm de 22 andeis (exclúe carro). Capacidade de carga do forno 3000 L. Capacidade de carga do carro 110-400 kg segundo calibre e medidas do produto.

Observacións

Maquinaria situada en fábrica. PO inclúe transporte ata planta, montaxe e instrucións detalladas de utilización. PO exclúe gastos derivados de desprazamento, aloxamento e axudas de custo. Prazo de entrega 8-10 semanas a partir da data de pedido. Para máis información, consulte coa nosa Oficina Comercial en ventas@acuinuga.com