Haematoccocus 18%

Haematoccocus 18%

47807/03/2015
Disponibilidad: Disponibilidade en 15 días laborais dende data de pedido

Descrición

Microalgas concentradas unicelulares, flaxeladas, de auga dulce  pertencentes ao xénero Haematococcus. Alga de tamaño medio (5-25 µm) con altos porcentaxes de lípidos e carbohidratos, antioxidantes, pigmentos carotenoides e astaxantina. Idónea como complemento alimentario de larvas e postlarvas de crustáceos; como enriquecedor de rotíferos no cultivo larvario de peixes, como colorante e inmunoestimulante natural en dietas de peixes ornamentais; como indutor natural de salmonización en dietas para troita arcoiris. Producida e envasada en ausencia de contaminantes e/ou patóxenos, asegura unha nutrición completa, garantindo o crecemento e a vitalidade dos animais. Permite a redución de custos ao disminuir as necesidades de produción propia de microalgas. Posibilita a alimentación larvaria durante calquera estación do ano.

Características

Destino e Modo de Emprego: Rotíferos: engadir 1 mL de Haematococcus 18% para alimentar  250K rotíferos/día. Enriquecemento de DHA: misturar 12 partes de Isochrysis 18% con 1 parte de Haematococcus 18%. Cada mL alimentará ao redor de 80K a 120K rotíferos tipo L/día. Para rotíferos tipo S e SS requerirase unha menor cantidade de algas. Como colorante alimentario: Suplementar na ración ao 0,1% do peso vivo/día en peixes ornamentais.

 

Prazo de entrega: 15 días laborais desde data de pedido.

Observacións

Haematococcus 18% pode almacenarse refrixerada (-2 ºC a 4º C) durante 10-12 semanas, sen alteración das súas propiedades nutritivas. Non conxelar. Para maior información, consulte coa nosa Oficina Comercial en ventas@acuinuga.com.