Dieta composta Microalgal®

Dieta composta Microalgal®

47516/03/2015
Disponibilidad: Disponibilidade en 15 días laboraiss dende a data de pedido

Descrición

Dieta composta por microalgas mariñas que asegura unha nutrición completa para os moluscos bivalvos e crustáceos, incluíndo ostras, ameixas, vieiras e mexillóns. Garante un óptimo perfil nutricional aumentando as taxas de crecemento e supervivencia. Un litro de produto pode reemprazar ao equivalente a 1800 litros de cultivo en alta densidade de algas vivas. Producido e envasado en condicións de esterilidade, proporciona un rango completo de tamaño de partícula (2-30 µm), garantindo o crecemento e a vitalidade dos animais. Permite a redución de custos ao diminuír as necesidades de produción propia de microalgas. Posibilita a alimentación larvaria durante calquera estación do ano.

Características

Destino e Modo de Emprego:

Proporción de microalgas na dieta: Isochrysis 25%;  Tetraselmis 20%; Phaeodactylum 25%, Pavlova 25% e Nannochloropsis 25%. Peso seco: 18%. É recomendable subministrar a dieta varias veces ao día (>6) para asegurar o consumo por parte do cultivo.

 

Oferta 10% de Desconto:

 

 

*os prezos non inclúen IVE nin gastos de transporte ao destino.

Observacións

Pode ser almacenada refrixerada a temperatura de -2 a 6ºC, durante 10-12 semanas, mantendo as súas calidades nutritivas inalteradas. Para maior información contacte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.