Caixas de transporte e cultivo de animais e produtos de acuicultura construídas con materiais de grande durabilidade. As caixas de transporte aseguran a conservación a baixa temperatura, de 2 a 6 ºC, durante 96 horas, e manteñen a máxima seguridade do produto ata o seu destino. Son reciclables, sen contido de elementos tóxicos e sen necesidade de xeo ou dióxido de carbono. Caixas de cultivo deseñadas para a estabulación de moluscos e crustáceos a salvo de depredadores. Deseño, construción e montaxe de caixas a medida.

Características
Caixas de transporte: de cartón corrugado. No seu interior, bolsas de aluminio e escuma de poliuretano expandido. Exterior de cor branca como axuda da conservación do frío.
Caixas de cultivo: en polipropileno/polietileno, cribadas e con tacos antiesvaradíos. Dispoñibles en varias medidas, formas e modelos (con ou sen tapa, apilables ou non, adaptables a carros e estruturas). Están construídas con materiais lixeiros e robustos que garanten unha vida útil prolongada.
Observacións
Para obter maior información sobre estes produtos consulte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.