Dieta completa e equilibrada para a alimentación do rodaballo (Scophthalmus maximus) e de interese para outros pleuronéctidos. Garantiza unha nutrición completa, asegurando óptimos factores de conversión, favorecendo a pigmentación natural e contribuíndo ao mantemento da calidade da auga. Produto formulado de acordo coas características produtivas de cada explotación.

Características
Ingredientes:Produtos e subprodutos da industria galega da transformación do peixe. Produtos e subprodutos de cereais. Premezcla vitamínico‑mineral. Probióticos. Microalgas. Saborizantes. Antioxidantes.
Destino e Modo de Emprego: Alimento completo destinado ao engorde de rodaballo (Scophthalmus maximus) e doutros pleuronéctidos. Subministrar nestas especies a partir dos 5 g (aprox.) de peso medio, en cantidade e frecuencia axustadas á talla e ás condicións de cultivo.Utilizar preferentemente antes de 1 ano a partir da data de envasado.Condicións ideais de almacenamento: non superar os 18 °C, non expoñer á luz e manter nun lugar seco.Para recibir instrucións sobre a técnica alimentaria a aplicar, consulte co noso Departamento Técnico en info@acuinuga.com.
Presentación: Pellet extrusionado semiflotante (Ø 2 a 10 mm) en sacos plásticos opacos de 25 kg.
Prezo Orientativo*:
*Prezo variable segundo volume de compra e condicións de pago.