Acuimicro®

Acuimicro®

41130/06/2026
Prezo: A consultarDisponibilidad: Disponibilidade en 15 días laborais dende a data de pedido

Descrición

Dieta líquida micronizada inerte para a alimentación de larvas de peixes mariños (Dicentrarchus spp., Dentex spp., Scophthalmus spp., Solea spp., Sparus spp., etc.) e de larvas e postlarvas de crustáceos mariños (Penaeus spp., Metapenaeus spp., Homarus spp., Panulirus spp., Scylla spp., etc.). Permite a redución de custos mediante a substitución parcial do alimento vivo, facilitando o destete a dietas inertes. Favorece a pigmentación natural e contribúe ao mantemento da calidade da auga.

Características

Ingredientes: Fariña e subprodutos de peixe, fariña de algas, cereais, extractos de proteínas vexetais, microalgas, probióticos, minerais, vitaminas, antioxidantes, saborizantes e crioprotectores.

Destino e Modo de Emprego:Suministrar aos estados larvarios e á primeira inxesta de peixes e crustáceos mariños en cantidade e frecuencia segundo a talla e as condicións de cultivo. Unha vez aberto, utilícese preferentemente antes de 30 días a partir da data de envasado. Condicións ideais de almacenamento: manter refrigerado, non expoñer á luz e ter en conta que é susceptible de conxelación (-20 ºC). Para recibir instrucións sobre a técnica alimentaria a aplicar, consulte co noso Departamento Técnico en info@acuinuga.com.

Presentación:Dieta líquida micronizada (tamaño medio de partícula de 220 μm, cun rango de 180 a 350 μm) e con flotabilidade neutra, en envases bag-in-box termosellados e opacos de 500 mL.

Prezo Orientativo:*

*Prezo variable segundo volume de compra e condicións de pago.