Vadeadores estancos de neopreno/nailon, biforrados, pegados, con cosido exterior e selado interior que aseguran un estancamento total. Neopreno de 4 o 5 mm expandido en interior de bota garantindo a máxima protección contra baixas temperaturas. Botas reforzadas na punteira, no talón e lateral do nocello. Tirantes de neopreno regulables e amplo peto frontal con peche
Caixas de transporte e cultivo de animais e produtos de acuicultura construídas con materiais de grande durabilidade. As caixas de transporte aseguran a conservación a baixa temperatura, de 2 a 6 ºC, durante 96 horas, e manteñen a máxima seguridade do produto ata o seu destino. Son reciclables, sen contido de elementos tóxicos e sen
Salabardos circulares, semicirculares ou trapezoidais deseñados especificamente para o manexo de especies acuáticas en establecementos acuícolas. Lixeiros, construídos en materiais de grande robustez e resistentes á auga salgada. Bordos do marco redondeados e malla libre de nós que garanten a minimización do estrés de captura e manexo.
Sistemas de marcación especificamente indicados para peixes, crustáceos e moluscos de auga doce e/ou salgada. Microchips implantados de identificación electrónica, marcas alfanuméricas e elastómeros visibles e inxectadas no tecido brando do animal. Permiten a trazabilidade e identificación precisa de adultos, xuvenís e alevíns, en programas de selección de reprodutores, monitorización do crecemento, identificación de grupos
Bomba desenvolvida para facilitar o transporte, trasvase ou recolección de peixes vivos. Bomba de anel líquido, con eixe e rotor en aceiro inoxidable resistente á corrosión. Programa automático, motor eléctrico ou a gasolina con control de nivel e proteccións eléctricas para traballo con auga. Baseada no principio de presión-baleiro que facilita o transporte dos peixes
Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos y para mostrarte publicidad personalizada en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación. Clica en "Leer más" para más información. Puedes aceptar todas las cookies pulsando el botón “Aceptar” o configurarlas o rechazar su uso clicando en "Rechazar".AceptarRechazarLeer más