A importancia do sector transformador de produtos do mar en Galicia converte ás tecnoloxías para o tratamento de augas residuais nunha ferramenta esencial para as industrias do sector.
Como empresas con experiencia demostrada no tratamento e depuración de efluentes industriais, desde ATC e ACUINUGA abordamos o desenvolvemento tecnolóxico preciso para a depuración destas augas de gran carga contaminante, cun caudal elevado na maioría dos casos, e co efecto sinérxico derivado da concentración deste tipo de industrias en determinadas zonas.
Para este desenvolvemento establecemos unha relación empresarial con industrias líderes en deseño e fabricación de sistemas de tratamento de augas residuais, identificando conxuntamente un protocolo de tratamento específico para efluentes procedentes da industria transformadora de produtos do mar.