Pese que a maioría dos plásticos presentes no mar chegan ahí a través dos ríos, a contaminación por plásticos nos ecosistemas de auga doce non recibiu a mesma atención que no medio mariño. Un recente informe publicado por varias organizacións medioambientais aporta moita información sobre un problema que afecta gravemente a ríos, lagos e outros corpos de auga e as súas ribeiras.
Este estudio paneuropeo consta de duas partes. Na primera, identificáronse os niveis de contaminación por plásticos en ecosistemas fluviais, determinándose qué proporción desta polución procede de residuos plásticos relacionados co consumo diario. Na segunda fase analizáronse e comparáronse as diferentes accións que poderían abordarse para diminuir esta contaminación, en particular os hábitos individuais de consumo responsable con maior impacto na redución destes contaminantes nos ecosistemas estudados.
A proporción de plástico no total da contaminación detectada no estudo acadou un promedio do 70%. Dos casi 200.000 artículos plásticos analizados, un 37,5% estaban relacionados con hábitos de consumo diario, aparecendo en orde de importancia as botellas de plástico (14%), envoltorios de comida (12%), cabichas (9%), envases alimentarios (6%),cotonetes (5%), vasos (4%), artículos de hixiene íntima femenina (3%), relacionados co tabaco (2%), cubertería (1%) e bolsas (1%).
En España, estimase que un 44% das bacías fluviais reciben un alto impacto contaminante pola presencia de residuos plásticos flotantes (nos que se centra o estudo, que non cuantifica o volume de plásticos agroganadeiros) ou en columna de auga, fondos e especialmente, ribeiras. A vertente mediterránea é a máis afectada, sobresaindo a bacía do río Segura na que este problema tense cronificado. Con todo, a contaminación por plásticos afecta gravemente a moitas outras bacías peninsulares como as do Bidasoa, Ebro, Guadiana, Tejo, Douro ou Miño.
O problema europeo coas botellas de plástico queda patente se consideramos que o consumo promedio por consumidor é de 150 botellas de auga ao ano, se ben este estudio non discriminou o tipo de líquido contido (leite, auga, deterxentes, produtos de limpeza etc.). Os envoltorios de comida máis frecuentes son films plásticos metalizados difícilmente reciclables (patatas, galletas, chocolatinas). Polo que respecta as cabichas de cigarrillos, a maioría conteñen acetato de celulosa, de difícil degradación. Os consumidores parecen rexeitar ata agora as alternativas biodegradables dispoñibles, realizadas a partir de fibras vexetais.
En canto aos envases alimentarios, trátase fundamentalmente de barquetas de poliestireno, estimándose nunhas 1.300 Tm a cantidade de plástico que podería retirarse dos ecosistemas estudados se se sustituiran por alternativas biodegradables e/ou reutilizables, como no caso dos cotonetes, para os que existen alternativas en madeira ou papel que permeten a súa compostaxe.O estudo propón igualmente o emprego de vasos reutilizables de cristal ou bambú. O volume de compresas, tampóns, toalliñas humidas, e cueiros alcanza as 3.400 Tm, existindo así mesmo alternativas reutilizables e/ou biodegradables no mercado para estos produtos.
Finalmente polo que respecta as bolsas de plástico dun só uso, a introdución de medidas para o seu control na maioría dos estados membros da Unión Europea reduxo o seu emprego nun 80% dende 2014, a pesar de que moitas cadeas de supermercados europeos seguen dispensándoas aplicando elevadas marxes comerciais.