Zix Virox®
Características

Composición:

Combinación sinérxica de peróxidos, peracético, estabilizantes e surfactantes.

Modo de Emprego:

Como desinfectante: Desinfección de ovos de salmónidos, empregar 0,25 mL-0,50 mL/L. Para desinfección de ovos de outras especies de auga doce: 1-2 mL/L durante 15 min. Para tratamento da enfermidade da branquia (enfermidade das agallas) en salmónidos e tratamento de feridas contaminadas (flexibacteriosis externas): empregar 100-200 mL/1000 L de auga durante 1 hora.

Desinfección preventiva: Para hixienización xeral de auga, empregar 10-30 mL por cada 1000 L (en auga de mar pode ser preciso duplicar a dose). Para desinfección externa de peixes despois da súa manipulación ou transporte, empregar 50-150 mL/1000 L de auga, en crustáceos 40 mL/1000 L durante unha hora ou 20 mL/1000 L de auga en continuo durante 24-48 horas.

Para desinfección de tanques e utensilios, empregar doses altas, aplicar o produto diluido ao 1-2% entre 6-24 horas, a continuación, aclarar con auga (se non se deixa secar, non precisa aclarado).

Para recibir máis información consulte co noso Departamento Técnico en info@acuinuga.com.

Observacións

Produto completamente biodegradable, non xenera residuos tóxicos ou perigosos para o medio ambiente.