Laboratorio ambiental
Características

Control de superficies planas e non planas: Inclúe os parámetros microbiolóxicos: (1) Aerobios mesófilos totais, (2) Enterobacterias totais e (3) Reconto de fungos e levaduras.

Control ambiental: Inclúe os parámetros microbiolóxicos: (1) Reconto de flora total e (2) Reconto de fungos e levaduras.

Control de manipuladores: Inclúe a realización de probas en mans e fosas nasais do persoal a cargo da manipulación dos produtos alimenticios. Determínase: (1) Reconto e investigación de Staphylococcus aureus.

Observacións

Laboratorio con Certificación ISO 9001:2008 N.º CA-1.061.

Laboratorio acreditado pola Consellería de Sanidade, Xunta de Galicia, ref. SA680A 2002/19-0.

Periodicidade das análises: variable. Ensaios analíticos realizados mediante métodos normalizados (normas ISO, Standard Methods, AOAC, AFNOR, etc.).

Para maior información, a realización doutras análises específicas e a obtención dunha oferta detallada consulte co noso laboratorio en laboratorio@acuinuga.com