Características
Destino e Modo de Emprego
- Enriquecemento de DHA: mesturar 12 partes de Isochrysis 18% con 1 parte de Nannochloropsis 18%. Cada mL alimentará arredor de 80K a 120K rotíferos tipo L/día.
- Ameixa, ostra e vieira: recomendamos a mestura de 20% de Pavlova 18%, 30% de Isochrysis 18% e 50% de Acuiclam®. Ración de mantemento: alimentar a unha taxa diaria do 1,5% do peso vivo total dos animais estabulados. Ración de crecemento: alimentar a una taxa diaria do 3% do peso vivo total dos animais estabulados.
Observacións
Isochrysis 18% pode almacenarse refrixerada (-2 ºC a 4º C) durante 10-12 semanas, sen alteración das suas propiedades nutritivas. Non conxelar. Para maior información, consulte coa nosa Oficina Comercial en ventas@acuinuga.com .