Ingredientes: Produtos e subprodutos da industria galega da transformación do peixe. Produtos e subprodutos de cereais. Premestura vitamínico-mineral. Probióticos. Microalgas. Saborizantes. Antioxidantes.
Destino e Modo de Emprego: Alimento completo destinado ao engorde de linguado (Solea spp.) e doutros pleuronéctidos. Subministrar nestas especies a partir dos 3 g (aprox.) de peso promedio, en cantidade e frecuencia segundo a talla e as condicións de cultivo. Utilícese preferentemente antes de 1 ano a partir da data de envasado. Condicións ideais de almacenamento: non sobrepasar os 18ºC. Non expoñer á luz. Manter en lugar seco. Para recibir instrucións sobre a técnica alimentaria que se debe aplicar consulte co noso departamento técnico en info@acuinuga.com.
Presentación: Pellet granulado semiflotante (Ø 1 a 10 mm) en sacos plásticos opacos de 25 Kg.
Prezo Orientativo*: 1,95 €/kg
*os prezos non inclúen IVE nin gastos de transporte *prezo variable segundo volume de compra e condicións de pagamento