Laboratorio de Acuicultura
Características

Análise físico-química da auga: inclúe os parámetros: (1) Temperatura, (2) Osíxeno disolto, (3) Salinidade, (4) pH, (5) Condutividade, (6) Cloro libre, (7) Cloro total, (8) Amonio total, (9) Fosfatos, (10) Cobre, (11) Nitritos e (12)Nitratos.

Análise microbiolóxica da auga: inclúe os parámetros: (1) Coliformes fecais (2) Coliformes totais e (3) Flora total.

Análise de fito e zooplancto: identificación e cuantificación das especies de fito e zooplancto máis relevantes en medios mariños e continentais.

Investigación de patóxenos e parasitos: busca e identificación de bacterias patóxenas en órganos internos. Busca e identificación de ectoparasitos e endoparasitos en moluscos, crustáceos ou peixes. Caracterización de  sensibilidade bacteriana a diferentes antibióticos como apoio no deseño do tratamento terapéutico.

Análise do produto: avaliación dos parámetros: (1) Características organolépticas (cor, olor, sabor e textura), (2) Investigación de bacterias patóxenas e (3) Contido estomacal en calquera fase do cultivo.

Observacións

Laboratorio acreditado pola Consellería de Sanidade, Xunta de Galicia, ref. SA680A 2002/19-0. Certificación ISO 9001:2008 N.º CA-1.061.

Periodicidade das análises: mensual. Ensaios analíticos realizados mediante métodos normalizados (normas ISO, Standard Methods, AOAC, AFNOR, etc.).

Para maior información, realización doutras análises específicas e obtención dunha oferta detallada consulte co noso laboratorio en laboratorio@acuinuga.com.