Acuinuga colabora con Aquamec, a firma finlandesa fabricante da ecodraga Watermaster, na divulgación das novas configuracións e capacidades desta ferramenta única e multifuncional:
– -Axeitada para o dragado de augas someras, en esteiros, canais, lagoas, balsas, estanques, estuarios, ríos, marismas, barras e baixos de area, fango, lombos, etc.;
– -Máxima eficiencia na succión e corte de fangos, retroexcavación, rastrillado de vexetación, limpeza de algas, pilotaxe, construción de muros, etc.;
– –Transportable sobre camión-plataforma, autoflotante, versátil; opera sen cabrestantes, cables ou embarcacións de apoio;
– -Facilita o aceso a zonas interiores ou costeiras, balsas de decantación, mellora de calados, zonas pantanosas e limpeza de fondos.
O obradoiro terá lugar en Santiago de Compostela durante Abril do 2017. Organizamos esta actividade para promover a participación de usuarios potenciais, técnicos de enxeñería civil, operadores de maquinaria especializada, empresas de dragados e construción, empresas e asociacións do sector da acuicultura; así como as institucións públicas con competencias medioambientais, concellos, autoridades portuarias, confederacións hidrográficas, etc.
O obradoiro técnico contará coa participación de persoal especializado de Acuinuga e de Aquamec, desprazado expresamente dende Finlandia para o evento. Concebido cun formato aberto e interactivo, incluirá a presentación de abundante material audiovisual, potenciando a interación directa cos poñentes. A asistencia ao evento irá acompañada da entrega de material gráfico sobre as novas características de Watermaster.
Para maior información, contacte con info@acuinuga.com ou chame ao 981 88 46 26.