A División de Nutrición de Acuinuga presenta a nova liña Acuitrout® para a alimentación de troita arco da vella (Oncorhynchus mykiss).
Estas dietas extrusionadas, elaboradas a partir de ingredientes locais, aseguran unha nutrición completa e son moi palatables para os animais. Ademais, garanten óptimos factores de conversión. Estas novas dietas técnicas forman parte dunha estratexia alimentaria que persegue a obtención dun produto final máis magro e con consistencia firme da carne, polo que a composición nutricional de Acuitrout® incorpora niveis baixos de graxa por debaixo do 15% en materia seca.
Con base nos avances tecnolóxicos máis recentes no ámbito da nutrición en acuicultura, a fórmula de Acuitrout® inclúe dous elementos diferenciadores con respecto a outras dietas xa presentes no mercado. A inclusión de microalgas na súa composición favorece a pigmentación natural dos animais e estimula a súa inmunocompetencia. Alén, protexe de enfermidades e deficiencias nutricionais que puideren afectar a vitalidade do cultivo.
Acuitrout® incorpora, ademais, correctores activos da calidade da auga capaces de neutralizar toxinas e de mellorar o medio de cultivo incluso a altas densidades de estabulación, de grande importancia especialmente durante as fases de preengorde e engorde.
Con esta nova liña reforzamos a nosa carteira integral de produtos para a acuicultura, desenvolvidos en estreita colaboración cos nosos clientes, aos que procuramos ofrecer solucións efectivas neste fascinante ámbito da produción animal.
Prema aqui para ver a oferta de: Acuitrout