A División de Nutrición de Acuinuga presenta a nova liña Acuiturbot® para a alimentación de rodaballo (Scophthalmus maximus).
Estas dietas extrusionadas, elaboradas a partir de ingredientes locais, aseguran unha nutrición completa e son moi palatables para os animais. Alén, garanten óptimos factores de conversión. Estas novas dietas técnicas forman parte dunha estratexia alimentaria que persegue a obtención dun produto final máis magro e con consistencia firme da carne, polo que a composición nutricional de Acuiturbot® incorpora niveis baixos de graxa por debaixo do 12% en materia seca.
Con base nos avances tecnolóxicos máis recentes no ámbito da nutrición en acuicultura, a fórmula de Acuiturbot® inclúe dous elementos diferenciadores con respecto a outras dietas xa presentes no mercado. A inclusión de microalgas na súa composición favorece a pigmentación natural dos animais e estimula a súa inmunocompetencia. Ademais, protexe de enfermidades e de deficiencias nutricionais que puideran afectar á vitalidade do cultivo.
Acuiturbot® incorpora, ademais, correctores activos da calidade da auga capaces de neutralizar toxinas e mellorar o medio de cultivo, incluso a altas densidades de estabulación, de grande importancia especialmente durante as fases de preengorde e engorde.
Con esta nova liña reforzamos a nosa carteira integral de produtos para a acuicultura, desenvolvidos en estreita colaboración cos nosos clientes aos que procuramos ofrecer solucións efectivas neste fascinante ámbito da produción animal.