Da información que certifica Webalizer® despréndese que o noso sitio web superou as 20.000 visitas o ano pasado por primeira vez dende a súa posta en funcionamento; concretamente foron 20.874 os visitantes que utilizaron as nosas páxinas.
España foi o país que concentrou a maior parte do orixe das visitas, acadando un promedio do 8% do total, seguido doutros países da Unión Europea como Portugal (3%), Holanda (2%), Italia (2%), Francia (2%) e o Reino Unido (2%). Polo que respecta a países do ámbito extracomunitario, as visitas realizadas dende os Estados Unidos representaron un 7%, as realizadas dende a Federación Rusa un 3% e as procedentes de Marrocos un 2% do total rexistrado. En total rexistráronse visitas dende 107 países diferentes, cunha forte presencia de países latinoamericanos (Chile, Perú, Colombia, Arxentina, Uruguay, Brasil, Cuba) e da área do Pacífico (Xapón, Corea do Sul, Australia, Nova Zelanda, China).
O análise estatístico do tráfico soportado polo noso sitio web durante 2010 indica asemade que as verbas máis empregadas como termos de procura foron “semente de moluscos” e “contador de ovos”, así como termos técnicos relativos á alimentación larvaria (“microdietas”, “nannochloropsis”, “artemia”) e á actividade do noso Laboratorio (“uronema”, “enterobacterias”, “flexibacter”).
No período analizado o promedio de visitas diarias únicas (“unique daily visits“) a nosa web superou as 100, o promedio mensual rebasou as 2.700, e o número de páxinas consultadas diariamente superou as 400.
Agradecemos a todos os que visitaron as nosas páxinas o ano pasado, confiamos en ser capaces de manter o interese pola nosa actividade, mellorando a calidade dos contidos e a eficiencia dos servizos ofertados dende o noso sitio web, e invitamos a cantos o desexen a visitarnos de nov