Johannes Karvonen, xerente de marketing da compañía finlandesa Aquamec, fabricante da ecodraga Watermaster, cree firmemente que as operacións de dragado en augas interiores son grandes descoñecidas, malia que representan unha parte importante das estratexias para a protección medioambiental. Johannes mantén que o énfase céntrase en grandes proxectos con titulares chamativos, mentras que a resolución de problemas en ríos e estuarios, asemade o mantemento vital das vías navegables continúan sen ser recoñecidos.
“Se procuras en Google “dragado”, o que encontras son imaxes de dragas e cortadoras de aspiración que realizan grandes proxectos, principalmente en alta mar ou na costa”, e agregou: “En augas máis profundas empréganse embarcacións xigantescas, operadas por un pequeno grupo de empresas especialistas, pero iso é só unha parte da imaxe da industria.”
“Ese non é o mundo de Watermaster; nos enfocámonos no dragado fluvial e terrestre. Para o traballo en vías navegables interiores ou na beiramar, as empresas non son tan grandes, o campo dos operadores está máis diversificado: dragado, inxeniería e municipios. O traballo xeralmente non o realizan os operadores “convencionais” porque as súas embarcacións non son as máis adecuadas para estas condicións.”
“Moitos corpos de augas continentais son habitualmente demasiado superficiais ou estreitos, os anclaxes e cables poden precisar máis espacio do dispoñible; e os residuos urbáns, como bolsas de plástico e botellas, tamén poden causar problemas. A accesibilidade pode ser outra barreira, xa que teríase que desmontar o barco ou a maquinaria, transportala por carretera ata o lugar de traballo, logo volver a montala e colocala na auga. Todo isto suma tempo e costes”, engadíu.
Estas son probablemente as razóns polas que a maoría de dragados en augas pouco profundas realízanse con excavadoras (excavadoras de largo alcance, excavadoras montadas en barcazas ou excavadoras flotantes). “No dragado de ríos, rías ou marismas interiores, o que se emprega xeralmente son excavadoras dende a beira ou en pontóns. A xente usa a maquinaria que ten a man e está acostumada a empregar. “Calquera persoa que teña unha excavadora pode ter unha oportunidade, pero o equipo non é necesariamente o máis apropiado para o traballo, ou quizáis non poda facer máis dunha cousa” comentóu.
Segundo Karvonen hai outra opción. “Na actualidade, moitos traballos en augas interiores realízanse con equipos que non son os máis apropiados, axeitados para algúns casos pero non para outros. A maioría da maquinaria empregada non se fabrica para este propósito específico, o que require dun alto grao de improvisación. É mellor traballar con maquinaria multifuncional especialmente deseñada para esta aplicación como a nosa, que empregada correctamente, garantiza un traballo seguro e eficiente “, engadíu.
“O motivo do dragado en augas interiores pode ser garantizar a navegabilidade dunha vía fluvial ou beiramar, pero o traballo realízase con maior frecuencia por razóns ambientais: para evitar inundacións, limpar canais urbans, eliminar sedimentos contaminados, etc. “Polo xeral, estes proxectos tamén inclúen traballos auxiliares que non son estritamente de dragado, como a eliminación de lixo e vexetación invasiva, rastrillar ou fortalecer as liñas costeiras mediante tarefas de afianzamiento de ribeiras e pilotaxe, ou a creación e acondicionamento de áreas recreativas”.
“O uso de dragas máis pequenas, totalmente certificadas e probadas en traballos de campo, como a ecodraga Watermaster, permite transportar a maquinaria sobre un camión plataforma, descargándose e introducíndose na auga polos seus propios medios”, dixo. “O inicio dos traballos é rápido e económico, non se precisa maquinaria adicional, desbroces previos ou vehículos de apoio”.
Argumenta Karvonen que o problema de centrarse nas grandes empresas, grandes buques e grandes proxectos deriva de que os clientes con necesidades de dragado non están ao tanto de todas as opcións dispoñibles para eles. Os proxectos quedan sen facer porque parecen demasiado caros, ou hai falta de coñecemento. Se non saben o que é posible, as súas opcións vense limitadas. Ésta é a principal consecuencia do enfoque no dragado “grande”.
“Manter as vías fluviais limpas e desbrozadas, eliminar o exceso de vexetación ou sedimentos en estuarios ou portos pode non parecer un tema principal, pero se non se fai, os problemas de riadas, erosión, inundación, eutrofización ou sedimentación acaban xerando alarma social, por razóns perfectamente evitables. Quizáis non é tan vistoso nin vendible políticamente, pero son actividades máis importantes que os grandes proxectos “, conclúe Karvonen.