O contaxio de enfermidades nos animais acuáticos supón unha ameaza económica constante e un desafío de xestión para a industria da acuicultura. O impacto das enfermidades pode afectar a saúde dos animais acuáticos, ao seu benestar, ao comercio e incluso á saúde humana. Na actual pandemia, semella evidente que a detección, prevención, control e erradicación de enfermidades nas especies acuáticas convertéronse en tarefas esenciais para a sostenibilidade da produción acuícola mundial.
O termo bioseguridade fai referencia ás medidas destinadas a previr a introdución e/ou propagación de organismos nocivos coma virus, bacterias ou parasitos en animais e plantas, a fin de minimizar o risco de transmisión de enfermidades infecciosas. Estas inclúen accións de vixilancia e análise, formación e asesoramento aos produtores, o despregamento de estratexias de control, o desenvolvemento de plans de bioseguridade, así coma protocolos de limpeza e desinfección para a prevención de zoonoses.
Nas actuais circunstancias, o análise crítico torna fundamental para a identificación das limitacións técnicas e institucionais que condicionan a aplicación de medidas efectivas de bioseguridade. Entre elas atópanse os marcos regulatorios febles, a aplicación e despregamento deficiente das normas internacionais, a escasa coordinación entre as múltiples institucións involucradas na produción acuícola e a xestión da saúde dos recursos acuáticos (é dicir, autoridades pesqueiras, de acuicultura, veterinarias e sanitarias); estratexias de prevención inaxeitadas ou aplicadas só parcialmente a nivel de explotación, sectorial e nacional, e capacidade insuficiente para respostar a emerxencias.
O aumento do comercio internacional de semente acuícola para especies relevantes coma a troita, o salmón, a robaliza, a dourada, a tilapia, as anguías, as ostras, as ameixas ou os camaróns continúa a ser un referente fundamental para a expansión da acuicultura, unha actividade que superou de maneira sostida a calquera outro tipo de produción primaria durante as últimas décadas. Por tanto, garantir a bioseguridade da semente ten unha crucial importancia, implicando ademais que os produtores e retallistas deben manterse ao día sobre os produtos e as regulacións por o seu propio interese.
Ao longo de moitos anos, os desinfectantes téñense empregado con éxito para a reprodución de especies acuáticas de interese comercial. O obxectivo é mellorar as porcentaxes de eclosión e supervivencia mediante a destrución de microorganismos causantes de enfermidades que contaminan os gametos ou células reprodutivas, pero sen estragalos. Isto é particularmente importante para os criadeiros que exportan os seus produtos. Con todo, moitos desinfectantes están deseñados para eliminar patóxenos extremadamente duros e resistentes, o que os fai perigosos para o medio ambiente. Por tanto, a selección dos principios activos apropiados, e das formulacións correctas é de gran importancia. Un pequeno erro pode provocar mortaldades non desexadas, unha biodegradabilidade deficiente e o conseguinte dano ambiental.
Na década dos anos 70, o fabricante Evans Vanodine inventou o desinfectante de iodo tamponado, “Buffodine”. Este produto foi deseñado especificamente para inactivar virus coma o IPN (necrose pancreática infecciosa) na membrana externa dos ovos de salmónidos, sen penetrar nin danar o corion. Buffodine foi o primeiro de este tipo de desinfectantes en ser desenvolto e patentado, e desde entón esta clase de produtos foi amplamente utilizada para a
desinfección de ovos por produtores de salmónidos e outras especies mariñas en todo o mundo. Buffodine mostra eficiencia nunha extensa gama de especies mariñas e de auga doce, incluíndo peixes, moluscos e crustáceos, para a prevención de infeccións bacterianas, víricas, fúnxicas e mesmo parasitarias.
Con todo, o uso destes desinfectantes non tiña sido especificamente controlado pola lexislación, a pesares da súa eficiencia para proporcionar baixos niveis de mortaldade nos reprodutores, mellorar as taxas de eclosión e limitar a transmisión enfermidades. Isto ten mudado recentemente, xa que en Europa, o uso de desinfectantes está agora controlado polo Regulamento de Produtos Biocidas da Unión Europea (RPB) (UE 528/2012). Este regulamento aplícase a todos os estados membros da UE (e a outros países que o adoptaron, coma Noruega) e avalía os diferentes desinfectantes, autorizándoos para usos específicos. De concederse a autorización, os fabricantes do produto terminado deben solicitar o recoñecemento mutuo da autorización en calquera estado membro no que desexen comercializalo.
A autorización RBP require dun proceso longo, complexo e custoso, co obxectivo de estandarizar o uso e a eficacia dos desinfectantes en toda Europa, facelos máis seguros para os usuarios e restrinxir o uso de sustancias potencialmente perigosas ou inseguras para o ambiente. Non é casualidade que o iodo fose o primeiro ingrediente activo relevante para a acuicultura en ser autorizado por a Axencia Europea de Sustancias Químicas (ECHA), e que as formulacións desinfectantes baseadas neste composto están sendo aprobadas por os Estados membros. O elevado costo e requisitos técnicos de enviar expedientes á UE na tramitación da autorización para un produto específico na desinfección de ovos provocou que a maioría dos demais fabricantes, se non todos, retirasen os seus produtos do mercado. Actualmente, Buffodine é o único desinfectante de ovos de especies acuáticas autorizado en Europa (biocida autorizado: UK-2019-1172).