Co impacto económico anual das feiras no noso país estimado en 13.000 millóns de euros, unha achega de 6.500 millóns de euros ao PIB e a xeración de máis de 123.000 empregos directos e indirectos, España é un dos países con maior actividade feiral en Europa.
Neste contexto, a terceira edición do Salón Internacional da Industria Acuícola, Aquafuture Spain, celebrarase do 20 ao 22 de maio de 2025 no recinto feiral IFEVI de Vigo (Pontevedra).
A cidade mias dinámica e emprendedora de Galicia destaca históricamente pola súa forte implicación en actividades vencelladas ao mar, incluíndo a pesca artesanal e industrial, a transformación e comercialización de produtos pesqueiros. Desde o porto de Vigo operan varias frotas de armadores españois con bandeiras comunitarias, como as de Irlanda, Francia ou Portugal.
O recinto feiral, cunha superficie de 16.000 m², atópase moi preto do aeroporto de Vigo e de varios hoteis, facilitando así a chegada de visitantes de diferentes cidades e países.
Estímase que o evento reunirá a arredor de 200 expositores nacionais e internacionais, así como a centos de profesionais do sector.
Ademais da zona expositiva, haberá conferencias, presentacións e mesas redondas, onde se tratarán os principais retos da Acuicultura, desde os avances tecnolóxicos e medioambientais ata a evolución dos mercados, a selección de especies de cultivo e o marco regulador vixente.
Do mesmo xeito que na edición anterior, celebrada en Silleda (Pontevedra) en 2023, Acuinuga estará presente no stand nº E-03, promocionando a súa ampla gama de servizos e produtos para o apoio integral á acuicultura mariña e de auga doce.
Entre a nosa carteira de produtos e servizos destacan:
- Sistemas para o tratamento e desinfección da auga
- Provisión de semente para cultivo
- Produtos nutricionais específicos para acuicultura
- Equipamento para a produción e procesado de especies acuáticas
- Desenvolvemento de proxectos de cultivo, análises e medicións técnicas
Estamos ilusionados e desexando compartir esta experiencia con todos aqueles que queiran achegarse a este sector en crecemento, fascinante e diverso. Vémonos en Vigo!