A División de Acuicultura de Acuinuga participa nun novo Proxecto no Sétimo Programa Marco de I+D da Comisión Europea. O Proxecto multidisciplinar “Prospawn: Implementación de técnicas de posta natural para especies mariñas de acuicultura” conta coa participación de doce empresas especializadas do sector, xunto con centros de investigación europeos con percorrido de gran relevancia no ámbito da investigación acuícola.
Colaboramos neste proxecto con empresas portuguesas, norueguesas, holandesas e británicas para avantar en aspectos esenciáis na optimización da tecnoloxía reprodutiva de especies coma o fletán (Hippoglossus hippoglossus), o linguado (Solea spp.), o rodaballo (Scophthalmus maximus), o bacallao (Gadus morhua), o ollomol (Pagellus bogaraveo), a pescada (Merluccius merluccius) e o salmonete de rocha (Mullus surmuletus). A Universidade de Stirling en Escocia, a Universidade do Algarve en Portugal, o Instituto de Acuicultura de Torre de la Sal en España e a Universidade de Wageningen en Holanda son os participantes institucionáis neste fascinante proxecto de investigación aplicada.
Este novo proxecto resposta ás dificultades para a produción industrial de alevíns das especies-obxectivo, debido principalmente ó descoñecemento dos parámetros medioambientáis máis axeitados para a posta natural en cativerio, e a que as instalacións para a estabulación de reprodutores utilizadas actualmente pola industria resultan deficientes e pouco axeitadas. Así, os tres obxectivos básicos do proxecto son (1), o desenvolvemento e proba de dous novos tipos de instalacións para a estabulación de reprodutores (niños de posta e bandexas de fluxo horizontal);(2), a identificación dos óptimos medioambientáis para acadar postas naturáis e das causas de estrés (vibracións, barullo) que prexudican ó rendemento reprodutivo en cativerio, e (3), o desenvolvemento de ferramentas automatizadas en base ao análise de blastómeros para a avaliación da calidade de posta.
O que nos propoñemos con esta esta actividade é o desenvolvemento de protocolos técnicos que nos permitan optimiza-la produción de alevíns e xuvenís das especies-obxectivo, favorecendo a diversificación nunha industria moi necesitada de novas alternativas de cultivo que permitan reforza-la rendabilidade da produción actual de peixes mariños.