A División de Acuicultura de Acuinuga acaba de formalizar un acordo comercial para a distribución exclusiva de Buffodine® en España e Portugal. Trátase dun produto específico para a desinfección de ovos e gametos de especies acuáticas, producido pola compañía británica Evans Vanodine, empresa centenaria da área de Manchester (Reino Unido) e pioneira no desenvolvemento de novos produtos para a hixiene e desinfección animal.
Técnicamente estos produtos deben respetar a integridade do corion, estructura que protexe no interior do ovo das especies acuáticas, ao tempo que eliminen ou alomenos inactiven organismos xeralmente moi resistentes como virus, bacterias, fungos ou parásitos que poden transmitirse por ésta vía. O medio acuático esixe ademáis o emprego de formulacións biodegradables, que non comprometan a viabilidade da flora e fauna acuáticas en favor da sostenibilidade da nosa actividade.
A utilización de desinfectantes como Buffodine® para a inactivación de posibles patóxenos presentes en ovos de especies acuáticas foi unha práctica común nos criadeiros acuícolas dende o comezo do desenvolvemento da actividade. Con esto perséguese tanto a mellora nos índices de eclosión e o desenvolvemento larvario, como a profilaxis sanitaria, así como o establecemento dunha garantía que facilite o comercio deste tipo de semente, minimizando o risco de introducción de enfermidades nas instalacións de engorda comúnmente denominadas piscifactorías.
Ainda que ata fai pouco a regulación deste tipo de produtos non se realizaba de maneira específica, o marco regulatorio mudou recentemente coa implementación na Unión Europea do regulamento EU 528 para a comercialización e uso de biocidas. En vigor dende 2014 nos estados membros da Unión Europea, Noruega e outros estados asociados que adoptaron este protocolo, o regulamento pretende mellorar a libre circulación de biocidas dentro da Unión, asegurando un elevado nivel de protección da saúde humana, animal e do medio ambiente. O proceso de autorización, con todo, é un trámite caro, lento e complicado, que pode demorarse ata catro anos e requerir aproximadamente de ata 100.000 euros de investimento.
Buffodine® é na actualidade o único biocida iodóforo autorizado como desinfectante acuícola na Unión Europea, demostrándose seguro e efectivo contra un amplo rango de patóxenos que afectan á saúde de especies acuáticas de relevancia comercial. Entre as bacterias que se demostraron susceptibles a Buffodine® están Aeromonas salmonicida, Lactococcus garvieae, Renibacterium salmoninarum, Yersinia ruckeri ou Staphylococcus aureus. Buffodine® é así mesmo efecto contra fungos como Saprolegnia, virus como o da Hemorraxia Septicémica Viral (VHS), Necrose Pancreática Infecciosa (IPN), Necrose Hemorráxica Infecciosa (IHN), Anemia Infecciosa do Salmón (ISA) ou Herpes Virus de Moluscos (AbHV).
O desenvolvemento de protocolos específicos de tratamento en estreita colaboración co fabricante permítenos avanzar na oferta de solucións efectivas para a bioseguridade e saúde das especies acuáticas, ampliando así a nosa implicación con compañías de referencia na industria acuícola internacional.