O goberno rexional levou a cabo durante os meses de Febreiro e Marzo unha serie de traballos en varias ubicacións do litoral para a limpeza de sedimentos do Mar Menor en Murcia. As tarefas de aspiración e limpeza fixéronse coa ecodraga Watermaster, de orixe finlandés, e a tecnoloxía de xeotubos para a inertización dos sedimentos aspirados.
Trátanse de labores preliminares para a valoración da efectividade destas tecnoloxías, que pretenden escalarse posteriormente para a recuperación dos fondos mariños e a preservación da biodiversidade nun entorno natural especialmente sensible.
É importante considerar que o modelo de ecodraga Watermaster utilizado nestas probas é xa obsoleto, descatalogado dende os anos 90. Na súa versión máis recente, a Watermaster Classic V dispoñible dende o ano 2.017, o fabricante escandinavo incorpora varias novedades e melloras, entre as que cabe destacar a súa capacidade mellorada de bombeo de até 900 m3/h, que prácticamente triplica o rendimento da máquina utilizada nas probas, ainda que mantendo sempre a capacidade de control do operador. Esta mellora do rendimento tradúcese nunha maior efectividade desta ferramenta singular, non só desde un punto de vista operativo senon tamén na optimización de costes nos proxectos de restauración medioambiental nos que se ten utilizado, tanto en Europa, as Américas, Asia, África ou Oceanía.
Outra importante mellora consiste na incorporación, na liña de aspiración, dun disco de corte adaptable segundo material e tamaño dos sólidos aspirados (plástico, vexetación, residuos orgánicos, etc.), reducindo o tamaño de partícula e evitando así o bloqueo da tubería de efluentes, o cal permite unha maior continuidade da operación. En combinación co módulo de xeolocalización, estas melloras permiten a Watermaster a máxima capacidade, sensibilidade e precisión requeridas para tarefas de limpeza e recuperación de áreas sensibles, mesmo cando se atopan fortemente contaminadas con este tipo de residuos.
A ecodraga Watermaster foi utilizada en múltiples proxectos de rexeneración medioambiental en combinación coa tecnoloxía de xeotubos, que permite a inertización de sedimentos, fangos, areas ou lamas contaminadas en rigorosas condicións de bioseguridade. A optimización desta técnica para cada aplicación é unha fase previa fundamental na que participamos durante a execución de varios proxectos, que avalan a nosa oferta de asesoramento técnico comprehensivo para a identificación de floculantes, aglomerantes ou a posible valorización de sedimentos neste tipo de traballos.
Dende a bahía de Portmán ata a o río Guadiana, dende a ría do Burgo ata a costa do Algarve, dende a presa de Fix ata a ría de Huelva, dende o porto de Bilbao ata a albufeira de Alqueva, a recuperación sostible de moitas áreas naturais de gran valor na península ibérica require de solucións efectivas. A combinación da ecodraga Watermaster coa técnica dos xeotubos permite abordar estes proxectos coa capacidade e precisión necesarias, ao tempo que se manteñen baixo control as partidas orzamentarias para estas actuacións, que aparecen frecuentemente moi sobredimensionadas.