Acuinuga acaba de formalizar un acordo coa empresa Calitri Technology para a distribución e comercialización de contadores de peixes dentro da península Ibérica. Situada na cidade de Yves-Gomezée (Bélxica), Calitri proporciona equipamento de contaxe e detección durante máis de 30 anos. Empezando co seu contador C16 en 1988, a compañía avanzou nos últimos anos cara a modelos mellorados como son os FC2, FC4, FC8, FC12 lanzados no 2013. Actualmente traballan no desenvolvemento de novos productos que sexan capaces de contar elementos aínda máis pequenos.
Os contadores de peixes de Calitri pódense instalar ao final dun seleccionador, ao final dunha bomba de peixes ou con accesorios de uso manual (i.e. nun tanque de auga, os peixes son suministrados utilizando unha rede). Os peixes son máis tarde bombeados a través do contador de peixes, separados entre as distintas canles e detectados mediante tecnoloxía de infravermellos. O correspondente número é enviado á pantalla LCD, a cal informa tamén sobre o estado de cada canle e o nivel de sensibilidade seleccionado.
Na acuicultura os sistemas de contaxe e detección utilízanse para controlar a densidade da poboación. Isto garante un cálculo preciso dos niveis de alimentación necesarios, unha mellor distribución da comida entre os peixes, planificar as operacións das piscifactorías de maneira máis eficaz e coñecer o número exacto de peixes listos para a extracción. Estimacións incorrectas acerca da densidade da poboación (e.g amontoamento) poden levar á propagación de enfermidades, aumentando, por tanto, a taxa de mortalidade e diminuíndo o rendemento produtivo. Por outra banda, situacións de despoboamento incrementarán probablemente o desperdicio de alimentos provocando así costes máis altos e un maior impacto medio ambiental. Por todo isto, os equipos de contaxe proporcionan os medios para unha produción máis eficiente e sostible.
Existen catro modelos de contadores diferentes no rango Calitri (FC2, FC4, FC8 e FC12) os canles contan cun número particular de canles (2, 4, 8 e 12 respectivamente) de distintos tamaños (210 mm, 100 mm, 50 mm e 30 mm respectivamente) o que permite adaptarse ás necesidades e usos específicos de cada quen, dependendo do tipo de peixe, o seu tamaño (rango desde 0,5 g ata 4,5 kg) ou a cantidade fornecida.
Equipados cun programa de intelixencia moderno que fai que o seu uso sexa eficiente e intuitivo, contan ademais cun 97% de precisión, partes electrónicas reemplazables, resistencia á auga, peso lixeiro (25kg), capacidades de ata 125000 alevíns por hora có FC12 e pertinencia con especies como a troita, o salmón, a robaliza ou a dourada, converténdoos na primeira opción para moitas operacións de acuicultura.
O seu deseño demostra ser preciso, resistente e fácil de manter. En comparación con outros sistemas de contaxe que utilizan unha tecnoloxía similar, Calitri proporciona os mesmos resultados a prezos menores, é por iso polo que se trata dunha excelente alternativa.
O propósito dunha colaboración como esta é beneficiarse da sinerxía entre dúas empresas técnicas, solidamente establecidas dentro da industria europea de acuicultura. Como no caso de Aquamec ou de Evans Vanodine, traballar con empresas de referencia no sector asegúranos que altos estándares de profesionalidade, experiencia e coñecemento cúmpranse. Miramos con entusiasmo traballar con Calitri Technology!