Un estudo recentemente publicado desminte a suposta orixe do coronavirus no mercado de Huanan, na cidade china de Wuhan. O estudo, dirixido polo Dr Yu Wenbin da Academia de Ciencias China, incluiu a secuenciación de 93 mostras recollidas en 12 países do coronavirus SARS (Síndrome Respiratorio Agudo Severo)-CoV-2, responsable da enfermidade denominada Covid-19.
Unha vez analizada a información xenética, o estudo conclúe que o novo coronavirus foi importado ao mercado de Huanan pero non se xerou neste. Parece demostrado que este mercado húmedo sí actúou como potenciador da transmisión, favorecendo o contaxio entre persoas que posteriormente o introduxeron na populosa cidade de Wuhan, e dende ahí ao mundo enteiro.
O SARS-CoV-1, o antecesor do SARS-CoV-2 e coronavirus máis similar a éste, xurdeu no sur de China, provincia de Guangdong, e infectou a máis de 8.000 persoas en 2002 e 2003. Foi erradicado polo rastreo intensivo de contactos e medidas de illamento, e non se detectaron novos casos dende 2004. Un estudo específico realizado por grupos de UCLA, o CDC norteamericano e a Universidade de Princeton, revela que o SARS-CoV-2 permanece estable durante varias horas o día en aerosois e en superficies.
Concretamente, é detectable en aerosois ata tres horas, ata catro horas en cobre, ata 24 horas en cartón e ata dous ou tres días en plástico e aceiro inoxidable. Esto explicaría que a maioría dos casos secundarios de transmisión do virus do SARS-CoV-2 estén aparecendo en entornos comunitarios, centros de atención médica e instalacións hospitalarias.
Para o control destas pandemias é esencial unha estratexia de desinfección que, limitando da maneira máis eficiente posible a transmisión entre persoas, minimice reaccións indesexadas como alerxias, sensibilizacións, toxicidade ou corrosión de materiais, e o mesmo tempo que respete a integridade medioambiental por medio dunha adecuada biodegradabilidade dos produtos que se empreguen. Tanto no Centro Europeo para a Prevención e Tratamento de Enfermidades.o CDC e a EPA norteamericanas, como institucións análogas no Reino Unido, Australia e varios países asiáticos, publicaron recomendacións sobre os produtos máis efectivos para a desinfección contra o SARS-CoV-2 e as súas condicións de aplicación.
Polo que respecta ás solucións de hipoclorito sódico como a lixivia ou lavandina, un estudo publicado no Journal of Allergy and Clinical Immunology realizado sobre 3.600 usuarios en 10 países europeos diferentes detectou o aumento de síntomas respiratorios non alerxénicos como picor nasal, estornudos, dermatite, aumento de mucosidade e incluso bronquite. A pesar de tratarse dun produto relativamente inocuo, eficiente e barato, en presencia de materia orgánica a lixivia forma compostos organoclorados, que tardan séculos en descomporse na natureza. A exposición repetitiva a protocolos de desinfección contra o novo coronavirus que incluan o emprego de compostos clorados como a lixivia, resultará, sen dúbida, nun maior número de sensibilizacións e o aumento de síntomas respiratorios, ademáis do impacto ambiental sobre corpos de auga derivado da súa utilización masiva, con evidencia contrastada de xeración de dioxinas, furanos e PCDDs.
Debido a súa mellor biodegradabilidade, ao descompoñerse en osíxeno e auga,o menor número de sensibilizacións en comparación con compostos clorados, e a maior eficiencia de solucións acuosas menos concentradas de peróxido de hidróxeno en comparación con compostos clorados, éstas son recomendadas por organismos como a EPA ou a IATA para a desinfección contra SARS-CoV-2
A ésta ventaxa engádeselle a de un menor efecto desecante sobre pel e mucosas, en comparación as soluciones alcólicas. A eficiencia do peróxido de hidróxeno foi extensamente comprobada para a inactivación de coronavirus sobre materia fecal, superficies metálicas , vidro e plástico así cómo en varias superficies no entorno hospitalario.