Dende a enlamada Ría de O Burgo en Coruña ata os estragos do Mar Menor en Murcia, pasando pola encamalotada bacía do Guadiana en Badajoz, a erosionada costa da Algaravía portuguesa ou a perda de calado en moitos portos do Mediterráneo, sen esquecermos da acumulación de lodos tóxicos resultantes de actividades mineiras ou industriais -como no pantano de Flix-, á Península Ibérica acumúlanselle os deberes medioambientais. E sexa pola súa complexidade técnica, pola ineficacia dunha administración fragmentada e descoordinada, pola politización –e corrupción- das contornas académicas e de xestión, pola falta de axentes coa capacidade operativa requirida ou polos recortes orzamentarios que veñen arrastrándose dende a crise, o certo é que logo de moitos anos dende a súa identificación e caracterización, estes problemas medioambientais continúan á espera de solucións axeitadas.
Como a can flaco todo son pulgas, semella que estes problemas tenderán a agravarse a medida que os efectos do quecemento planetario e a globalización incidan sobre o nivel do mar, as alteracións dos patróns climáticos, a acidificación oceánica, a erosión costeira, a proliferación de especies alóctonas ou a eutrofización. Afortunadamente, unha serie de novas ferramentas teñen sido desenvolvidas nos últimos anos para levar a cabo proxectos de rexeneración non só de maneira respetuosa e medioambientalmente sustentable, senon a menor coste que coas técnicas tradicionais. Para o abordaxe exitoso deste tipo de proxectos, cobran especial importancia todas aquelas que se engloban xeralmente baixo o concepto de dragado medioambiental.
O propósito das operacións de dragado medioambiental é retirar do medio lama e sedimentos sensibles ou tóxicos, reducindo desta forma os riscos de impacto medioambiental. Cinco características definen este tipo de operacións: responsabilidade medioambiental, precisión, monitorización, eficiencia e transparencia. En termos de responsabilidade medioambiental, estes proxectos deben ter un alcance perfectamente definido e contar coas autorizacións pertinentes, requirindo dun estudio previo que caracterice apropiadamente a contorna no que se levarán a cabo (oceanografía, limnoloxía, fauna e flora, ecosistemas de litoral, etc.). Deben ademáis tipificar o tipo de sedimentos sobre os que se vai actuar: materia orgánica, metáis pesados, compostos químicos, macro/microplásticos, fertilizantes, hidrocarburos, biotoxinas, pesticidas, etc.
Entre as novas ferramentas que facilitan a precisión destas actuacións, atópanse aquelas que permiten a delimitación exacta de zonas como a xeolocalización, o mapeo satelital, os sistemas de información xeográfica (GIS), fotogrametría, topografía costeira e a visualización e modelización dixital. Tamén todas aquelas sobre as que se basa a batimetría moderna, como o xeoradar submarino, o sónar, a construcción de cortes transversais mediante videografía de arrastro, etc. Estas técnicas compleméntanse actualmente cunha grande oferta de software para o xeoposicionamento preciso, tales como Novatron, TopCon, Sultan Hawk, MMGPS+, etc.
A estratexia de monitorización durante as operacións de dragado medioambiental debe plantexarse non só sobre a auga, senon tamén sobre as algas, a fauna do fondo ou béntica e as comunidades de coral. Durante a execución dos traballos cobra especial importancia a monitorización de partículas en suspensión e turbidez, que pode realizarse con asistencia satelital, recentemente mellorada para a península ibérica coa entrada en funcionamento dos novos sistemas Hispasat 30W6, PAZ e SEOSAT. O uso de drones aéreos ou submarinos, así como boias intelixentes para o mapeo de fondos, recollida de mostras ou a monitorización en continuo de parámetros de calidade de auga vense facendo cada vez con mais frecuencia como estratexia de reducción de costes nas operaciónss de dragado medioambiental.
A maximización da eficiencia neste tipo de proxectos require dun plantexamento nidio sobre tres eidos: unha estrutura de xestión axeitada, incluíndo unha dotación de persoal suficiente e unha dirección cualificada, ademáis de asesoramento, observadores, coordinador, subcontratas etc. Protocolos técnicos claros, que definan o equipamento a empregar, metodoloxía e loxística, especificando os volumes e coordenadas a dragar etc. E unha estratexia viable para o manexo e xestión dos residuos xerados durante o dragado, que especifique a metodoloxía a empregar en cada caso, ubicación, inertización, transporte, reprocesado, valorización etc.
A combinación da ecodraga Watermaster coa técnica dos xeotubos permitiu abordar con éxito moitos proxectos difíciles de limpeza e rexeneración medioambiental, tanto en auga doce como en entornos mariños. Esta compacta draga finesa opera con gran eficiencia e precisión, o que sumado a súa movilidade –é capaz de desprazarse en terra e auga sen guinchos, remolcadores nen embarcacións auxiliares-, funcionalidade –cunha potente coroa de corte e aspiración que lle permite bombear ata 900 m3/h de lodos e descargalos a unha distancia máxima de 1,5 km dende o punto de aspiración- e polivalencia –susceptible de realizar traballos de dragado de aspiración, rastrillado de vexetación, retroexcavación ou colocación de pilotes cunha única máquina- tense convertido merecidamente na ferramenta de referencia para todo tipo de traballos, dende terra seca ata 6 metros de profundidade.
Esta ecodraga xa opera en máis de 70 países, realizando proxectos para a prevención de inundacións, limpeza de canais urbanos, eliminación de vexetación invasora ou mantemento operativo de portos e vías acuáticas, e adoita empregarse descargando os sedimentos aspirados sobre xeotubos, sacos de gran volume prefabricados con membranas xeotextiles que permiten a retención e deshidratación de sólidos para o seu posterior procesado en condicións de bioseguridade. A flexibilidade e robustez destas estructuras permiten a súa utilización en proxectos de protección contra a erosión litoral, a inertización de fangos tóxicos ou a recuperación de materiais valiosos, favorecendo o control de costes en actuacións de rexeneración medioambiental.
Finalmente a execución exitosa deste tipo de proxectos require dunha estratexia capaz de garantir a transparencia do proceso, implicando as comunidades afectadas, promovendo unha actitude informativa e unha xestión responsable e receptiva que facilite a interacción entre as partes implicadas, así como o rendimento de contas á finalización do proxecto.