A División de Acuicultura de Acuinuga acaba de formalizar un acordo de colaboración con Aquamec, fabricante finlandés da ecodraga Watermaster. Trátase dunha máquina multifunción para traballos de precisión no entorno acuático, tanto de auga dulce como de auga salgada, caracterizada pola súa excelente movilidade e portabilidade.
Algunhas das diversas aplicacións da ecodraga Watermaster son:
- Dragado de zonas interiores ou costeiras, mellora de calados, drenaxe de zonas pantanosas e limpeza de fondos;
- Traballos de corrección ambiental, rexeneración de praias, melloras de capacidade de drenaxe, prevención de inundacións, control de vexetación, ampliación de canles, etc.;
- Obra civil, excavación de gabias para tuberías ou cables, cimentacións e recheos, aporte de áridos, realización de pasarelas, muros, estacadas e terreos pantanosos sobre pilotes, apertura e mantemento de canais, etc.;
- Dragado industrial, mantemento e limpeza de balsas de decantación e fondos contaminados, eliminación selectiva de barros industriais, etc.
Watermaster foi diseñada para operar en augas de pouca profundidade sobre canles, ríos, lagos, balsas, portos e presas; esteiros, deltas, costas marinas e na zoa intermareal. A profundidade máxima de traballo é de aproximadamente 6 metros de altura de auga. Pode configurarse para o control preciso da posición e profundidade do dragado en todo momento.
O noso ámbito de traballo permitenos realizar orzamentos, en colaboración con Aquamec , ofertas integrais que incluén proxectos técnicos comprehensivos sobre todos os aspectos previos ao dragado, en observación da lexislación vixente. En Acuinuga contamos ademais cun Laboratorio de Análise para a realización de ensaios, certificado conforme os requisitos da norma ISO 9001:2000.
Estos proxectos técnicos incluén o estudo da batimetría da zona de dragado e vertido, o análise das características xeotécnicas e xeolóxicas do material a dragar, a avaliación do impacto e condicións medioambientais da área de dragado (información hidrodinámica, meteorolóxica e caracterización de fauna e flora), e o deseño de estratéxias para a elección do punto de vertido e a xestión do material dragado.
Para a optimización económica e ambiental do conxunto de actuacións a orzamentar, poñemos especial énfasis nas alternativas para a valorización produtiva dos residuos xerados, mediante o seu aproveitamento en obras de inxeniería civil, agricultura, pesca, melloras medioambientais ou acuicultura. No caso de vertidos con potencial contaminante, deseñamos estratexias viables para a súa inertización, aislamento e tratamento posterior, adaptándoas a cada caso particular. Para ampliar esta información, contacte con info@acuinuga.com.