Con base nas últimas estatísticas da FAO / USDA, e como recolle un novo informe do Earth Policy Institute(http://www.earth-policy.org/plan_b_updates/2013/update114), en 2011 tivo lugar un feito sen precedentes na produción de alimentos para o consumo humano. Por primeira vez na historia moderna, a produción acuícola mundial superóu a produción de carne bovina. Esta avantaxe aumentóu en 2012, cando a produción acuícola mundial acadóu un récord de 66 millóns de toneladas producidas, en comparación coa produción de carne vacún que quedóu nos 63 millóns de toneladas. Semella posible que 2013 convírtase no primeiro ano no que o consumo mundial de peixes de cultivo supere ao dos peixes da pesca extractiva. E máis que un punto de vista estatístico, estas tendencias ilustran o estadío final dun cambio histórico na produción de alimentos para consumo humano: un cambio que, en esencia, indica que atinximos axiña os límites da produtividade natural.
A conclusión é que parece improbable colleitar moitos máis alimentos en base a produtividade natural. Gran parte das zonas de pasto do mundo atópanse no seu límite de capacidade operativa, e a maioría das pesquerías son obxecto de sobrepesca. O sobrepastoreo leva á perda de vexetación e a degradación do chan. Aínda que os efectos da sobrepesca son menos visibles, a análise histórica das prácticas de pesca revela que cada vez é preciso un maior esforzo para acadar o mesmo nivel de capturas. O aumento do consumo enerxético nas flotas de pesca,que precisan de viaxes cada vez máis longas a zonas de pesca distantes, en augas máis profundas e sobre especies cada vez menos coñecidas, explica a situación de case colapso que experimentan a maioríadas pesquerías comerciais.
A clave para unha boa política de pesca é a sostibilidade dos recursos naturais. Pero a produción animal require insumos, materiais ou consumibles, como pensos e cereais. Precísanse sete quilos de grao para producir 1 kg de carne vacún. Isto é o dobre do que se esixe na produción porcina, e tres veces máis do necesario na produción de aves. A produción de peixes aínda é moito máis eficiente, precisándose menos de 2 kg de alimento por cada kg producido. Isto explica en parte que, aínda que a carne de porco e de polo representan as fontes de proteína animal máis consumidas actualmente no mundo, a produción de peixes de cultivo está aumentando máis rápidamente. As taxas medias de crecemento anual nos últimos cinco anos teñen reflectido a eficiencia relativa da alimentación animal, coa produción mundial de peixes de viveiro rexistrando un crecemento de preto do 6 por cento ao ano, a producción avícola un 4 por cento, o porcino un 1,7 por cento, superando rápidamente a producción de vacún, que apenas aumentou.