Caixas de transporte e cultivo
Características

Caixas de transporte: de cartón corrugado. No seu interior, bolsas de aluminio e escuma de poliuretano expandido. Exterior de cor branca como axuda da conservación do frío.

Caixas de cultivo: en polipropileno/polietileno, cribadas e con tacos antiesvaradíos. Dispoñibles en varias medidas, formas e modelos (con ou sen tapa, apilables ou non, adaptables a carros e estruturas). Están construídas con materiais lixeiros e robustos que garanten unha vida útil prolongada.

Observacións

Para obter maior información sobre estes produtos consulte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.