Robaliza fresca procedente de sistema de semicultivo en esteiros desenvolvido en augas de calidade contrastada por laboratorios oficiais. Cultivo extensivo con trazabilidade total dende a orixe ata o destino. Aspecto externo con pigmentación intensa e mucosidade cutánea transparente. Exemplares sometidos a rigorosos controis sanitarios antes da súa comercialización, con ausencia de parasitos, fungos, salmonela e residuos de medicamentos. Factor de condición K= 1,12%. Indice de omega-3= 21,7.
Exemplares seleccionados obxecto dun programa de produción a partir de alimento natural, deseñado para obter animais magros con niveis de graxa axeitados e máxima palatabilidade.