Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Proxectos

26-02-13 |

Cultivo de ostra rizada en long-lines

Unha nova empresa islandesa confía no asesoramento proporcionado por Acuinuga para o desenvolvemento do seu proxecto de cultivo de ostra en long-lines. Localizado na bahía de Husavik, no esteiro de Skjálfandi, ao norte de Islandia, o proxecto pretende diversificar a produción local de mexillón, e desenvolver o cultivo de ostra nun entorno caracterizado por augas libres de toda contaminación, ainda  que con fortes correntes e temperaturas baixas.

O  cultivo de Crassostrea gigas ten lugar predominantemente en Asia, ainda que o impacto de varias enfermidades, fundamentalmente en Francia, despertaron o interese dunha industria por satisfacer un mercado que consume anualmente 5 millóns de toneladas con un valor estimado de 25.000 millóns de euros. A produción de semente triploide, a implementación de novas técnicas de cultivo e a utilización de sustancias anti-fouling naturais son algunhas das claves que están permitindo mellorar a productividade das instalacións tradicionais.

No marco desta colaboración, que inclúe a provisión de semente certificada e o asesoramento integral durante todas as fases do cultivo e comercialización, unha delegación islandesa visitou Galicia durante o invierno de 2013.  O obxectivo de esta visita consistiu en participar nun taller técnico composto de catro módulos centrados na situación xeral da industria, as técnicas actuais de cultivo, o control sanitario e a trazabilidade, e as perspectivas de mercado de esta especie.

A delegación islandesa tivo ademais oportunidade de coñecer as prácticas de éste cultivo na Ría de Arousa, visitando bateas e interesándose polas actividades de manexo, colleita, depuración e comercialización, co obxecto de contrastar experiencias e adaptar rutinas de traballo as condicións de traballo locais.