Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Proxectos

29-10-08 |

Proxecto chave-en-man

 

Tenda piloto para a comercialización de especies acuáticas en vivo/fresco

Apoiándonos na nosa sólida experiencia en sistemas innovadores de tratamento da auga, a División de Acuicultura de Acuinuga deseñou estas instalacións procurando a transparencia na manipulación de produtos e favorecendo a aproximación do consumidor ao produto vivo.

Con este proxecto conseguimos a diferenciación do produto acuícola do pesqueiro, así como a divulgación das actividades de cultivo de peixes, as rutinas de estabulación e manexo de crustáceos e a depuración de moluscos.

Cunha superficie útil de 270 m2, está dividido en tres seccións (expedición, cetárea/depuradora e sala de recepción/almacén), e conta con dous sistemas automatizados de baixo consumo en recirculación total e auga climatizada estéril. Estes sistemas poden manter ata 1.600 kg de produto vivo en óptimas condicións durante un período de estabulación non inferior aos 60 días. Entre os elementos auxiliares destacan a produción autónoma de xeo, os acuarios expositores, a sala de manipulación e expedición e o sistema de recollida de residuos.  

O intenso desenvolvemento tecnolóxico que experimenta a industria da acuicultura e, en particular, o tratamento e esterilización da auga fan posible a situación de sistemas pechados en calquera punto xeográfico, mantendo en todo momento as máximas garantías hixiénico-sanitarias. Isto permite a estocaxe e a comercialización de animais vivos en calquera zona do territorio coas conseguintes vantaxes loxísticas e o impacto comercial resultante da aproximación do produto vivo ao consumidor final.