Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Actividades

20-03-13 |

Proxecto Prospawn

      Reprodución natural de Peixes Mariños en Acuicultura:
      Mellora do Benestar animal e da Calidade das Postas

Reunindo un conxunto forte de socios industriais e académicos de Holanda, Noruega, Portugal, Reino Unido e España, este proxecto de colaboración europeo é parte do Sétimo Programa Marco de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, co-financiado pola Comisión Europea. Logo de máis de tres anos de investigacións, comeza a emerxer unha visión clara dos efectos das condicións de estabulación en catividade e das prácticas actuais de manexo sobre as taxas de éxito reprodutivo na desova de especies de interese comercial.

Entre a gran variedade de especies demersais (bacallau, Gadus morhua, ollomol, Pagellus bogaraveo, sargo, Diplodus sargus) e de peixes planos analizados (alaboteHippoglossus hippoglossus, linguado senegalés, Solea senegalensis, linguado europeo, Solea solea, rodaballo, Scophthalmus maximus), durante este proxecto foron obtidos desoves naturais para o bacallau, o linguado europeo e o linguado senegalés. O deseño adecuado dos tanques de reprodutores e niños de desova, velocidades idóneas de auga e períodos axeitados de condicionamento reprodutivo xogan un papel decisivo na obtención de posturas naturais, aínda que pareza detectado un efecto global do cautiverio, probablemente de orixe nutricional, que podería estar afectando o desempeño reprodutivo das especies analizadas.

O ruído e a luz parecen estar entre os parámetros máis influentes na calidade dos desoves. A utilización de hidrofones subacuáticos nos tanques de reprodutores de bacallau amosóu claramente un efecto negativo de certos sons relacionados con rutinas de manexo de reprodutores sobre as taxas de fertilización; os peixes planos semellan máis sensibles a sons de baixa frecuencia, con menos de 100 Hz. Mesmo o bacallau é unha especie moi ruidosa: durante a época de desova foron claramente rexistradas vocalizacións ou "gruñidos" repetitivos, obténdose información valiosa sobre os mecanismos de comunicación natural entre individuos desta especie. Varios experimentos con prototipos especiais de lámpadas LED revelaron que a intensidade e o espectro de luz teñen un impacto evidente na actividade locomotora dos reprodutores. O proxecto tamén monitorizóu os patróns de actividade dos reprodutores usando "actogramas", que vixían o comportamento dos peixes con feixes de luz infravermella, fotocélulas e software especial para estudos de cronobioloxía.

Comprende-la ritmicidade do comportamento é esencial para o éxito da aplicación de protocolos de desova: nalgunhas especies, como o linguado senegalés, observóuse un patrón moi diferente de comportamento entre os reprodutores salvaxes e domésticos. Mentres os individuos salvaxes son moi rítmicos, con patróns de comportamento repetitivos e sincronizados durante as mesmas fases do día, os peixes domésticos son completamente arrítmicos. Esta información é relevante para o desenvolvemento de mellores prácticas de manexo para estas especies, ou sexa, rutinas de planificación de alimentación, manexo, colleita e fertilización dos ovos, etc.

Pero cando a desova natural non ten lugar en catividade, debe ser inducida artificialmente. Cecais unha das máis importantes achegas do proxecto foi o desenvolvemento dun protocolo efectivo para a reprodución artificial do linguado senegalés, utilizando hormonas específicas. Aínda que os resultados son variables e o protocolo parece moito máis eficaz en machos que en femias, o potencial comercial para o cultivo desta especie fai que este resultado pódase considerar particularmente significativo.

Nos linguados, como en moitas outras especies de peixes, só algúns individuos contribúen á prole, posiblemente polo establecemento de xerarquías sociais en cada grupo de reprodutores. O proxecto investigóu a contribución xenética de reprodutores á proxenie, confirmando que canto menor sexa a relación xenética entre pais potenciáis, máis probabilidades de emparellamento teñen entre eles. Este descubrimento permitiu ao Consorcio facilitar recomendacións específicas sobre as orientacións técnicas e metodolóxicas a seguir para a avaliación da elección de parellas mediante análise de ADN.

A industria precisa de solucións, e dúas ferramentas particularmente proveitosas, derivadas deste proxecto, parecen contar con boas perspectivas comerciais. Unha delas é unha ferramenta automatizada para o control de calidade de desoves. Con base en datos cuantificables obtidos da análise de imaxes de ovos recén fertilizados, a solución desenvolvida para avaliar a calidade das posturas é un indicador valioso do tipo "manter ou tirar", moi importante para a optimización de recursos e tempo nas hatcheries, xeralmente moi ocupadas durante as épocas de desova. A outra ferramenta é un novo sistema de contención, as bandexas de fluxo horizontal, que parece ter un bo potencial para a estabulación de certas especies de reprodutores, como o rodaballo, o linguado ou o sargo. O sistema de bandexas de fluxo horizontal podería facilitar a reprodución natural, a colleita de ovos e a estimación de fertilidade e de fecundidade, non só polo aforro de espazo, auga e enerxía, se non proporcionando aos técnicos dados moito máis precisos do estado e rendemento reprodutivo dos peixes en catividade.

A industria de produción de peixes mariños en Europa está dominada polo cultivo de algunhas especies domesticadas con éxito, fundamentalmente salmónidos, robaliza e dourada. A tecnoloxía de cultivo de varias especies alternativas, como o bacallau, o linguado ou o ollomol aínda está a ser desenvolvida. O proxecto Prospawn identificou o deseño  precario de instalacións para a reprodución, prácticas de xestión mal axeitadas e parámetros subótimos de cultivo como os principais factores que limitan a produción en grande escala de xuvenís de estas e outras especies de gran importancia comercial. Para garantir a subministración constante e sostible de postas de calidade, é esencial superar esas limitacións técnicas. O traslado industrial do saber-facer derivado deste proxecto marca o camiño para a consolidación e expansión desta industria.