Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Actividades

01-03-13 |

Ecodraga watermaster, nos cinco continentes

   

A versatilidade da draga ecolóxica Watermaster  cimentou o liderazgo mundial desta  máquina multifunción para traballos de precisión no entorno acuático, tanto de auga doce como de auga salgada, en base á sua excelente mobilidade e portabilidade.

Watermaster, con más de 30 anos de experiencia, foi diseñada para a realización de dragados de succión, dragados de cuchara e colocación de pilotes. Na actualidade, a ecodraga Watermaster leva a cabo proxectos medioambientais en Norte e Sudamérica, Asia, Africa, Oceanía e Europa. En combinación con outras tecnoloxías como a floculación e a inertización en xeotubos de fangos contaminados, resulta a opción técnicamente máis efectiva para o dragado de fangos industriais en augas superficiais.

Algunhas das diversas aplicacións da ecodraga Watermaster son:

  • Dragado de zonas interiores ou costeiras, mellora de calados, drenaxe de zonas pantanosas  e limpeza de fondos;
  • Traballos de corrección ambiental, rexeneración de praias, melloras da capacidade de drenaxe, prevención de inundacións, control de vexetación, ampliación de cauces, etc.;
  • Obra civil, excavación de gabias para tuberías ou cables, cimentacións e recheos, aporte de áridos, realización de pasarelas, muros, estacadas e peiraos sobre estacas, apertura e mantemento de canles, etc.;
  • Dragado industrial, mantemento e limpeza de balsas de decantación e fondos contaminados, eliminación selectiva de fangos industriais, etc.

O transporte da draga Watermaster  realízase con gran facilidade. A máquina pode desplazarse totalmente operativa a través de vías públicas. Pode cargarse e descargarse por si mesma dende un camión plataforma "camiñando" cara á auga ou dende ela, sin necesidade de guinches ou medios accesorios de elevación. Na auga, pode navegar cara a zona de traballo mediante o seu  propio sistema de propulsión. Pode fondear e desplazarse independentemente na zona de dragado, facendo innecesario o uso de áncoras, cables, cabrestantes, pías ou embarcacións auxiliares. Pode descargar o material dragado a distancias de ata 1,5 Km do punto de aspiración.

Watermaster foi  diseñada para operar en augas superficiais sobre canais, rías, lagos, balsas, portos e presas; estuarios, deltas, costas mariñas e na zona intermareal. A profundidade máxima de traballo é de aproximadamente 6 metros de altura de auga. Pode configurarse para o control preciso da posición e profundidade do dragado en todo momento.

Watermaster permite a reducción de custes de investimento, operativos e de mantemento, ó realizarse cunha sola máquina as funcións de outras moitas máquinas dun solo propósito. Trátase dunha tecnoloxía robusta e contrastada, unha máquina producida en serie con máis de 200 dragas Watermaster operando actualmente en todo o mundo. Fabricadas en Finlandia, contan coa certificación de calidade ISO 9001 e a certificación medioambiental ISO 14001, e están homologadas para traballos medioambientais de seguridade na UE.