Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Actividades

24-08-12 |

Dietas acuícolas a partires de ingredientes e subprodutos locais

A forte dependencia externa da Unión Europea por materias primas esenciais para a alimentación de especies acuícolas tales como a fariña de soia, a fariña e o aceite de peixe fan que a valorización local de residuos alimentarios convírtase nunha estratexia imprescindible para o obxectivo europeo de sostenibilidade no sector da produción animal. Dende o ano 2005, o prezo internacional da fariña de peixe, o óleo de peixe, a fariña de soia, millo e trigo incrementóu nun 55, 67, 284, 225 y 180 por cen, respectivamente.

A División de Nutrición de Acuinuga está levando a cabo un proxecto de desenvolvemento tecnolóxico que ten como obxectivo a produción de dietas técnicas para a alimentación de especies acuáticas a partires de ingredientes e subprodutos xerados localmente. A nosa técnica de co-secado por medio do procesado conxunto de residuo húmido (>70% humidade) e seco (<10% humidade) xunto coa deshidratación flash  permítenos formular en base a unha amplia gama de materias primas dispoñibles localmente (residuos de mexillón, residuos de peixe, bagazos de destilación, DDGs, residuos de cefalópodos, fariña de algas, cultivos agrícolas autóctonos etc.).  Esta nova tecnoloxía fai posible diminuir drásticamente os custes enerxéticos, acadando menores tempos de procesado, maior capacidade de produción e maior rendibilidade da operación, o que resulta na  xeración dun produto máis competitivo e cunha pegada de carbono moi reducida, ainda que mantendo a flexibilidade operativa necesaria para a valorización dunha gama moi heteroxénea de residuos e subprodutos.

O proxecto persegue tamén o rastreamento integral de tódolos ingredientes con vistas á certificación ecolóxica do produto final, e a integración de esta estratexia alimentaria nun entorno produtivo encamiñado á produción de especies de baixo nivel trófico (herbívoras ou omnívoras), a redución do contido en fariña e óleo de peixe das dietas, o desenvolvemento de sistemas multitróficos de policultivo e a potenciación de prácticas de xestión  respetuosas co medio ambiente. Obxectivo último é a verificación de que os residuos pesqueiros poden ser reciclados en nutrimentos de alto valor para a alimentación animal, mantendo estándares de calidade europeos, e favorecendo actividades produtivas e susceptibles de xerar riqueza e emprego localmente.